Eco (banda)
ECO | |
---|---|
Orixe | Galicia, |
Período | 2003 - 2010 2019 - presente |
Xénero(s) | rock, hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Santo Grial, CD Music |
Membros | Roberto Espinosa Pablo Espido Maca Fran Rodríguez |
Antigos membros | Alberto Cereijo Diego P. Castro Tino Mojón |
Na rede | |
eco-oficial.com | |
ECO é un grupo musical de rock galego. A banda formouse en 2003, e o seu estilo mestura hard rock, power metal e rock alternativo. Na súa primeiro encarnación encarnación estivo composta por Roberto Espinosa (voz), Alberto Cereijo (guitarra), Diego P. Castro (baixo) e Tino Mojón (batería). A banda separouse en 2010 e regresou en 2019.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia de ECO comezou en 2003, cando Alberto Cereijo, guitarrista de Los Suaves, coñeceu a Roberto Espinosa uníndose a eles Tino Mojón, tamén batería de Los Suaves. En 2007, en plena crise do grupo, Cereijo anunciou que deixaba Los Suaves para centrarse en ECO, aínda que logo se retractaría e compaxinaría o seu traballo nas dúas bandas. Ese mesmo ano publicaron o primeiro álbum de estudio do grupo, Réplica.
En 2010, o líder Roberto Espinosa deixou a banda e esta disolveuse. Porén, en 2019 Espinosa decidiu reformar ECO cunha nova formación composta por Pablo Espido (batería), Maca (baixo) e Fran Rodríguez (guitarra), ademias do propio Espinosa nas voces Un ano ECO despois lanzou o seu segundo álbum de estudio, Los años del silencio.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Réplica | 2007 | Santo Grial |
Los años del silencio | 2021 | CD Music |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do grupo Arquivado 10 de novembro de 2023 en Wayback Machine.
- MySpace oficial do grupo
- ↑ "Entrevista con ECO (con Roberto Espinosa, cantante del grupo)". Redhardnheavy (en castelán). 2021-05-27. Consultado o 2023-11-10.